miércoles, 19 de septiembre de 2012

SEGUNDO VERTIDO EN SEPTIEMBRE, 2012


video

QUE CASUALIDADE  15 días despois que  a edil de Medio ambiente, María Castelao dera “orden de revisar periodicamente a conexión para evitar que una situación de este tipo se volva a repetir” pois volvese a repetir, o Río Sar volveuse a tinguir de branco e espuma todo este fin de semana. O mesmo pozo que se atascou vai quince días volve a verter todas as augas fecais procedentes do Milladoiro ó  Río Sar.

Se isto e a “xestión rápida e eficaz dos problemas que se presenten” que nos propón  o Concello ata o 2016,  estamos avíaos .  Catro anos mais aguantando  que o río Sar sexa a cloaca da capital de Galicia.  Pois se vai a ser así, que nos devolvan os cartos que relixiosamente  O SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS nos pasan no recibo da auga, en concepto de  sumidoiros e depuración, xa que polo que estamos a ver isto da depuración non vai a ir a diante ata o 2016.

Dende a plataforma pola recuperación do río Sar esiximos que se retomen con carácter de urxencia as obras do colector interceptor do  río Sar, paradas dende fai case dous anos, e que mentres tanto, coma solución provisional dende a plataforma proponse a colocación de gaiolas tamizantes ao redor das arquetas mais saturadas  e dos aliviadoiros que o vello colector ten o longo do seu percorrido, para evitar que os residuos sólidos expulsados dende as arquetas e a depuradora queden esparexidos polas marxees do río dende Santiago ata Padrón.

 PLATAFORMA POLA RECUPERACION DO RÍO SAR
16 SETEMBRO 2012







jueves, 13 de septiembre de 2012

Ducias de troitas mortas no río Sar ao seu paso por Santiago

VER NOTICIA EN TVG







FOTOS DO VERTIDO 4-SETEMBRO






Vixía o que tiras ao inodoro.



Toalliñas húmidas  bastonciños, compresas, preservativos, aceites... Cada día, centos de quilos de residuos van parar aos inodoros dos fogares galegos sen que os cidadáns sexan conscientes do dano que provoca esta acción.
O problema deste acto tan repetitivo nas vivendas o atoamento das baixantes dos edificios ás canalizacións que chegan aos colectores xerais, producíndose o rebordeo de tapas e a consecuente vertedura ao río. Ademais, provoca roturas e atoamentos nas estacións de bombeo, que teñen como misión impulsar a auga ata as depuradoras. Así mesmo, para conseguir os mesmos rendementos de depuración hai que incrementar o gasto, xa que estas fibras afectan aos filtros de augas residuais.
A principal preocupación é que nos últimos anos se incrementou o uso de toalliñas húmidas, que non se descompoñen na auga como acontece coa celulosa do papel hixiénico.
A maioría dos cidadáns ignora que estes produtos non se poden tirar ao inodoro. A isto tamén contribúen algúns fabricantes, que indican nos seus produtos que si se poden desbotar deste modo. Non obstante, os estudos que se están a realizar na actualidade indican que este material non é biodegradable.
Xunto ás toalliñas, a rede de saneamento soporta outros elementos como bastonciños, compresas envoltorios plásticos ou preservativos. Son elementos que non terían que rematar na rede de saneamento, xa que para iso están as papeleiras dos cuartos de baño. Nestes momentos, polos ríos, chegan produtos ao mar que se depositan, sedimentan e impiden a vida nos ríos e no fondo marino.
Ademais dos residuos sólidos mencionados, outro dos problemas é a habitual vertedura do aceite usado polo vertedeiro ou o inodoro. O aceite na auga dificulta moito a depuración, xa que é imposible eliminalo ao 100%. As dificultades para o seu tratamento nas plantas depuradoras fai do aceite é un dos principais causantes das natas nos ríos e no mar.
Tamén se tiran ao inodoro substancias tóxicas como a lixivia e limpadores diversos, feitos de produtos que non fan que o inodoro sexa máis san e en cambio, matan as bacterias que despois contribúen a descompoñer os residuos nas depuradoras. Adicionalmente, estes produtos volven a auga máis ácida, cousa que obriga as estacións depuradoras a tratamentos que acaban producindo lodos salinos.
Pero o peor de todo é que ao inodoro se verten restos de pinturas, disolventes, medicamentos caducados e toda clase de substancias domésticas altamente tóxicas e que con esta práctica non facemos senón contribuír a dispersalos polo medio ambiente.

O bo uso da rede de saneamento favorece en todos os sentidos os cidadáns, tanto polo custo de mantemento coma por cuestións ambientais.

Dende a Plataforma pola recuperación do río Sar volvese a alertar do estado de abandono no que se atopan as infraestruturas de saneamento do concello de Santiago


Operarios dunha subcontrata da empresa  AGUAGES están estes días a realizar labores de limpeza da cunca do río Sar no  concello de Santiago. Cando  chegaron a altura do Viaduto da Rocha atopáronse  ca desfeita provocada por unha arqueta de conexión do saneamento do Milladoiro que verte ao río constantemente e xa denunciada varias veces polos veciños e pescadores.
Augas abaixo desta arqueta, nun treito duns 300 m, os operarios recolleron nestes días mais de 40 sacos de lixo, maioritariamente compresas,  trapos  e plásticos procedentes do colector de saneamento, e que se atopan expostos ao carón do Camiño Portugués a vista dos centos de peregrinos que este mes de agosto fan o camiño, como mostra da nosa desidia ecolóxica.
Esta limpeza no e a solución ao problema, xa que moito lixo queda nas marxes do río tapada pola maleza, e amais cando volva chover  a arqueta volvera a expulsar mais restos contaminantes  tanto sólidos coma disoltos, durante todo o inverno.
Este mesmo problema repítese augas abaixo da depuradora da Silvouta xa que tamén carece de medidas para evitar este problema nas augas que permanentemente alivia ao río Sar sen depurar, e onde sorprendentemente non se vai a proceder a executar estes traballos de limpeza.

A espera de que se retomen  de novo as obras do proxecto do interceptor xeral do río Sar, paradas dende hai un ano e da construción da nova depuradora, dende a Plataforma pola recuperación do río Sar esixen aos organismos competentes que se tomen medidas urxentes para evitar este flagrante delito ecolóxico, coma solución provisional dende a plataforma proponse a colocación gaiolas tamizantes ao redor desta arqueta e dos aliviadoiros que o vello colector ten o longo do seu percorrido, para evitar que os residuos sólidos expulsados dende o colector  e a depuradora queden esparexidos polas marxees do río dende Santiago a Padrón e así poder  garantir un pouco mais a calidade das augas, conservar a morfoloxía natural da cunca  e converter as marxes do río Sar en espazos de ocio mais agradables.

Santiago  25 agosto 2012





Xa está listo o borrador de impacto ambiental da depuradora da Silvouta




http://www.crtvg.es/informativos/xa-esta-listo-o-borrador-de-impacto-ambiental-da-depuradora-da-silvouta-338505#.T84z8LCr_78

MURO DE HORMIGON EN BERTAMIRANS

Estimados compañeros,

Mi nombre es Carlos y me dirijo a vosotros al no saber a que otra asociación o institución recurrir para  intentar buscar una respuesta a la  tremenda aberración urbanística que se esta cometiendo en el paseo fluvial de Bertamiráns, tras comenzar la constructora MALLON a preparar el entorno para la futura urbanización que se pretende levantar al otro lado del rio.
Llevo unos días preguntándome para que diablos será la zanja y el forjado de hierro que han colocado a lo largo del camino empedrado que transcurre, paralelo al rio, por el nivel superior. Al principio, al igual que otros vecinos, pensábamos que todo apuntaba a un carril bici o para patines (algo que por otra parte hemos demandado en repetidas ocasiones al concello), pero hoy mismo nos hemos dado cuenta de que más bien se trata  de un muro de separación o de contención. De ser así sería un atentando urbanístico.
La situación es más lamentable, si cabe, al no haber en todo el paseo ni un solo expositor con el boceto o dibujo de lo que realmente piensan realizar. Indignante.

No se si vosotros estáis al corriente de esta obra, en cualquier caso si disponéis de alguna otra información me encantaría que me la hicieseis llegar para poder comentarla con otros compañeros que sienten la misma frustración que yo, por algo que entendemos daña el entorno y reduce el paseo a un muro de Hormigón.

Quedo a la espera de vuestras noticias.

Disculpad las molestias.

Un saludo.

gravación iniciativa 76011.

Para descargar los ficheros pincha en el enlace siguiente:

http://tochomail.mundo-r.com/r?d=mundo-r.com&wr=defensadosar@gmail.com&ws=convidadoparlamento&e=mundo-r.com&c=1AXj0IJW99cbnKDF9wvQLLV4A3DMBVeZ17448

Este enlace te llevará a una página donde podrás ver los detalles del mensaje y descargarte los archivos.
Recuerda que este enlace sólo será válido hasta el 2012.05.01 06:38 PM CEST.

O BNG VIXIARÁ O CUMPRIMENTO DOS PRAZOS PARA CONSTRUIR A NOVA EDAR DE SANTIAGO ANTE O RISCO DE PERDER AXUDAS EUROPEAS



Ana Pontón lamenta que Conde Roa mentira anunciando que a Xunta ía ocuparse da tramitación da Estación, que segue en mans do Estado, segundo o director de Augas de Galicia

Santiago de Compostela, 23 Febreiro 2012.- A portavoz do G.P do BNG, Ana Pontón, instou hoxe ao director de Augas de Galicia a facer un seguimento escrupuloso de que se cumpren os prazos das obras da nova EDAR de Santiago, ante o risco de que máis demoras provoquen a perda de fondos europeos.

Pontón, durante o debate en comisión dunha pregunta do BNG sobre as previsións para a construción da dita EDAR, advertiu que a Xunta debe facer o dito seguimento porque a depuración de augas residuais é un dos principais problemas ambientais de Santiago e  “unha mala ou ineficiente xestión non poden poñer en risco a súa viabilidade”.

Neste sentido, lembrou que as obras xa levan importantes retrasos, os últimos provocados polo problema xurdido coa súa ubicación, e advertiu tamén de que o tempo apremia, pois de non adoptarse medidas correctores no cumprimento da normativa de augas residuais antes de 2015 a UE pode sancionar á cidade e negar as axudas económicas correspondentes.

O propio director xeral recoñeceu a existencia deste risco e do axustado dos tempos, prevendo o inicio das obras para o segundo semestre de 2013 e a súa finalización no 2015.

Sobre a ubicación, Ana Pontón recordou que o BNG sempre tivo unha posición firme e estivo do lado dos veciños para reclamar un emprazamento que non fora perxudicial para o medio e que apostase pola tecnoloxía máis acaída, polo que valora que se opte por un novo espazo se cumpre con estes requisitos e diminúe o impacto dunha obra destas características nos arredores.

A parlamentar puxo enriba da mesa durante a súa intervención como nestes momentos o futuro da EDAR era unha incógnita, pois a principios do mes de Novembro se anunciara no Consello da Xunta unha nova ubicación sobre a que até o día de hoxe nada se soubo, cando un novo emprazamento require non só estudos técnicos previos e tamén un novo estudo de impacto ambiental.

Sobre este particular, o director de Augas anunciou que a empresa adxudicataria ía iniciar en breve o proceso de avaliación ambiental.

A deputada nacionalista concluiu insistindo que o BNG estará moi vixiante para que a EDAR sexa unha realidade e lamentou que máis unha vez o alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, tentara enganar á cidadanía e aos grupos políticos anunciando en Novembro pasado que ía ser a Xunta a que se ía ocupar da tramitación da estación, aspecto que sigue sendo competencia do Estado segundo recoñeceu o director de Augas.