viernes, 23 de marzo de 2012


VER EN PARLAMENTO DE GALICIA
Páxinas 180214 e 180215 (24 e 25)
O texto aprobado definitivo foi este:
TEXTO APROBADO 01


O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1.- Acordar co Goberno central, coa máxima urxencia, o impulso do expediente da tramitación ambiental da nova Edar de Santiago de Compostela no emprazamento consensuado entre o Goberno galego e o Concello de Santiago de Compostela, co obxecto de mellorar o saneamento do río  Sar, iniciando para elo o procedemento de licitación no ano 2013, a fín de preservar o uso dos fondos comunitarios para o seu financiamento.
2.- Proceder á mellora e ampliación, coa máxima urxencia, da Edar de Bertamiráns (Sisalde) no Concello de Ames".
Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2012

jueves, 22 de marzo de 2012

ACTO DO DIA DA AUGA

A Plataforma celebrará o Día da Auga o vindeiro 22 deste mes cun acto simbólico de recuperación dun manancial nas proximidades do Camiño Portugués na Rocha, manantial que estivo a piques de ser enterrado polas obras da autovía a Noia e que non chegou a tal extremo pola oposición veciñal, e onde se solicita que o concello de Santiago constrúa un punto de abastecemento de auga para os peregrinos, un novo "lava colla" podemos dicir; nada mellor para mostrar a hospitalidade do país ás mesmas portas de Compostela e ao tempo para mostrar a importancia da auga, auga limpa, para a vida.

UN NOVO VERQUIDO AO RIO ROXOS

Unha vez máis a veciñanza de Villestro ten que denunciar os verquidos que se realizan de xeito sistemático ao Rio Roxos. Esta vez referímonos aos orixinados a carón da central de bombeo de augas residuais localizada en Vilastrexe (Villestro). Os verquidos neste punto son frecuentes polo mal funcionamento da estación de bombeo que provoca que se envien directamente ao río augas procedentes dos sumidoiros. Esta situación agrávase en época de choivas cando a capacidade da estación de bombeo se ve sobrepasada provocando un verquido continuado e masivo ao rio. Os pasados dias 16 e 17 de marzo producíronse verquidos de augas residuais sen depurar ao rio Roxos. Membros da AVV A Unión de Villestro deron parte dos feitos á policia autonómica e local que se personaron no lugar, ao igual que un operario de Aquagest. Tamén foi informado o governo municipal a través dun concelleiro veciño da parroquia.
Esiximos das Autoridades competentes que se repare dunha vez por todas a central de bombeo de Vilastrexe para que este tipo de sucesos non volvan acontecer.


AVV A Union de Villestro

http://www.villestro.org
Teléfono: 699-734815
UN NOVO VERQUIDO AO RIO ROXOS

lunes, 19 de marzo de 2012

PRESENTACIÓN DA PLATAFORMA EN AMES





Seguindo co seu obxectivo de achegarse a tódolos concellos da cunca do río Sar e tal como estaba anunciado, o venres 16 de marzo a Plataforma pola Recuperación do Sar levou a cabo a súa presentación no concello de Ames e que tivo lugar na Casa de Cultura de Bertamiráns. O acto, ao que asistiu numeroso público, contou nesta ocasión coa presenza de María José Servia, Antonio Gende, Suso Noya e Xose M. Penas Patiño. Os asistentes seguiron con enorme interese a exposición de María José Servia, Doutora en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e Profesora na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, quen, como experta en ecoloxía dos animais de auga dóce, sobre todo invertebrados, expuxo a comparativa da situación deste río co Louro (logo do paso polo polígono industrial das Gándaras de Budiño) e coas augas da estación do encoro do Con (onde se sitúa a Estación de Hidrobioloxía da USC), co resultado da tremenda contaminación detectada no Sar, destacando a presenza de residuos de medicamentos e de metais pesados. A profesora Servia solprendeunos con frases tan rotundas como esta: “Aínda que intentamos conseguilo, no laboratorio non demos conseguido unha contaminación tan alta como a detectada no Sar”. Os efectos da polución observáronse, entre outros, en larvas de dípteros quironómidos, que en grande medida son presas habituais das troitas, coa conseguinte repercusión para esta e outras especies a traverso das cadeas tróficas. Insistíu na alta capacidade de rexeneración do ecosistema, de lograrse unha depuración das augas usadas, polo que é imperativo cambiar a situación actual. Antonio Gende, veterinario e experto en aves (ten levado a cabo campañas de anelamento científico), como veciño de Bertamiráns ten realizado frecuentes camiñatas polas ribeiras do Sar e é bo coñecedor deste tramo de río, e precisamente como veciño incidiu na carencia de medidas para cambiar a situación do río: “Mentres que a poboación residente foi aumentando, a situación lamentable do Sar seguíu igual durante os últimos dez ou quince anos, ou mesmo foi a peor pois en moitos tramos non hai vexetación de ribeira. Por otra parte notouse un incremento en certas especies de aves, concretamente da anduriña do cu branco, pois teñen máis mosquitos que comer”. Ambos ponentes comentaron asi mesmo a existencia de especies invasoras, como o visón americano ou a tartaruga de Florida, o cal complica aínda máis a situación deste curso fluvial. Suso Noya proxectou dous vídeos, un filmado entre a ponte da Rocha en Santiago e Silvouta, tramo polo que discorre o Camiño de Santiago que procede de Portugal e que solprende pola turbidez das augas que saen da depuradora. A destacar a presenza de peregrinos lavándose incautamente no Sar. Suso insistíu na medida, rápida e pouco costosa, de instalar algún tipo de malla que reteña os numerosos plásticos que arrastran as augas e que periodicamente poderían ser retirados. A segunda proxección, con tomas de Juan Verde, mostrou a situación da depuradora de Bertamiráns e dos efluentes que chegan ao río tanto procedentes deste concello como do de Brión, augas todas elas que contribúen a incrementar a degradación do río. Pola súa parte e en nome dos convocantes Penas Patiño participou aos asistentes a vontade da Plataforma de actuar ata conseguir mudar este estado de cousas: “O Sar é un río emblemático que ao seu interese ambiental suma o cultural, pois é o río cantado por Rosalía. É a nosa propia historia pois nas súas marxes encontramos castros, petroglifos, mosteiros ou castelos. Deberíamos poder percorrelo e disfrutalo desde o seu nacemento en Santiago ata a súa desembocadura en Dodro e, coa axuda de todos, podemos conseguilo”. Entre o público asistente cabe destacar a presenza de Eugenia Martín, actual Concelleira de Medio Ambiente do concello de Ames, que departíu ao final do acto cos membros da plataforma mostrando o seu convencemento da resolución da actual situación. A Plataforma celebrará o Día da Auga o vindeiro 22 deste mes cun acto simbólico de recuperación dun manancial nas proximidades do Camiño Portugués na Rocha, manancial que estivo a piques de ser enterrado polas obras da autovía a Noia e que non chegou a tal extremo pola oposición veciñal, e onde se solicita que o concello de Santiago constrúa un punto de abastecemento de auga para os peregrinos, un novo “lava colla” podemos dicir; nada mellor para mostrar a hospitalidade do país ás mesmas portas de Compostela e ao tempo para mostrar a importancia da auga, auga limpa, para a vida.

PRESENTACIONES DA PLATAFORMA

jueves, 8 de marzo de 2012

EN LAS RIBERAS DEL SAR, Poesía lírica del cagallón

Juan J. MORALEJO
Licenciado en Truchología, Universidad del Deva
Doctorado en Reología, Universidad del Tambre
Académico Correspondiente de la
Real Academia de Truchografía y Reoscopia de Leningrado
Medalla de Paciencia y Cero de Honor
en Teoría Básica del Salmón
 LEER EL ARTICULO EN
.
.
.

lunes, 5 de marzo de 2012

A PLATAFORMA POLA RECUPERACION DO SAR NA PRENSA

PRESENTACION EN SANTIAGO DE COMPOSTELA
EL CORREO GALLEGO (ANUNCIO DA PRESENTACIÓN)

:
PRESENTACION EN PADRON:

PROXECTO RIOS
MUNDO GALIZA
EL CORREO GALLEGO

OUTRAS NOVAS DA PLATAFORMA:

EL PAIS "Los 20 guardianes del sar"
EL CORREO GALLEGO "2015 fecha limite"




A CONCELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE COMPOSTELANA RECIBE A REPRESENTANTES DA PLATAFORMA

Representantes da Plataforma pola Recuperación do Sar reuníronse no día de hoxe  coa concelleira de Medio Ambiente do concello de Santiago, á que lle expuxeron os obxectivos da Plataforma e a súa preocupación pola situación deste río e polas obras que deben acometerse nel para restaurar a súa condición. En canto ao concello de Santiago prantexáronlle a necesidade urxente de acometer as obras do colector do Sar, actualmente paralizado (segundo a concelleira depende máis da empresa que do propio concello, tendo a previsión da reanudación das mesmas no verán) así como a necesidade da axilización administrativa de todo o relativo á nova depuradora, a fin de que poidamos contar coa súa posta en funcionamento no 2015 sen demoras. En todo caso e mentres non se reanudan as obras do colector a Plataforma solicitou a posible instalación de algún tipo de barreira que impida que os residuos sólidos sigan saíndo ao río e de forma que periodicamente poidan ser recollidos, evitando, como sucede na actualidade, que sigan sendo arrastradas polas augas e depositándose ao longo do cauce.
Cómpre destacar a receptividade da concelleira, que se mostrou sensible á problemática do Sar . María Castelao, que manifestou coñecer a situación ambiental do río, sinalou o seu interese en que dentro dos prazos sinalados se leven a cabo as obras para o cal o concello ven traballando coordenadamente coa Xunta.
A Plataforma solicitou asi mesmo unha sensibilidade especial no coidado do patrimonio xa que no tramo entre a Ponte Vella de Arriba e o viaducto da Rocha  temos diversos elementos que cómpre ter en conta antes de meter maquinaria. Nesta zona encontramos asi mesmo o Camiño Portugués a Santiago; é lugar de entrada de peregrinos e polo mesmo onde estes teñen o o seu primeiro contacto coa cidade, polo que a imaxe coa que actualmente.se encontran non é precisamente a máis adecuada
A Concelleira manifestou  a súa disposición a recibir novas da Plataforma cando se detecten problemas puntuais, a fin de poder atendelos.
No seu interese de poñer en coñecemento de todo o vecindacio da cunca do Sar, a Plataforma fará proximamente a súa presentación en Ames

Santiago, 1 de marzo de 2012

PRESENTACION DA PLATAFORMA EN SANTIAGO E OFRENDA A ROSALIA DE CASTRO